martes, 26 de marzo de 2019

A escola do meu avó en Miño

O meu avó vivía en Miño e estudou ata o graduado escolar, porén a miña avoa non tivo oportunidade sequera de ir para adicarse completamente ao gando.
Contáronme que os libros estaban en castelán, concretamente un solo, que era no que aparecían todas as materias; e que ese era o único idioma que se podía falar dentro do recinto.
Non había moitas asignaturas, que eles se acordaran, na súa escola solo se impartían Matemáticas e as linguas.

Se eles tivesen a oportunidade de ir agora volverían e sacarían como mínimo o bacharelato.

Aproveitemos as oportunidades que temos agora.

A escola do avó no Irixo


A escola onde foi meu avó pertencía ao Irixo, Ourense. Como me contou a miña avoa o colexio do meu avó era pequeno, xa que eran moi poucos os alumnos que podían ir xa que a maioría traballaba, pero aínda así a case todos os que  tiñan a posibilidade de ir gustáballes, xa que era unha maneira de desconectar da dura xornada laboral.

Como me contou a avoa nas clases os profesores eran moi esixentes xa que á mínima, os alumnos eran castigados duramente un castigo que sempre me acordarei  que me dixo o meu avó era a do arroz na punta dos dedos xa que unha vez que o mestre lle poñía isto pegáballe duramente coa regra nas xemas dos dedos, pero aínda así moitos prefería ir a clase que ir traballar. O horario de clases era curto pero como me contaron eran horas moi produtivas xa que coa disciplina do mestre todos estaban calados e así a clase dábase toda.

O meu avó cando estaba vivo contoume que na súa clase non había nenas, e non tiñan libros como agora senón unha pizarras, e na clase todos tiñan un único libro a Enciclopedia xa que eran a minoría os que tiñan cartos e polo tanto non o  podían ter, pero inclusive así xa en dous anos sabían facer contas básicas e escribir e incluso facer a súa propia firma xa que iso ensinábase tamén nas aulas.

A escola do meu avó José


Neste caso, entrevistamos a José González Vázquez o cal ten 73 anos e destes só acudiu entre 3 e 4 á escola.
Acudía a unha casa particular en Aldemunde, era chamada unha escola de aforrado, xa que para poder acudir a ela tiñas que dar un ferrado de terreo.
Na clase había entre 25 e 30 alumnos, que tiñan que asistir 2 horas pola mañá dende o luns ata o sábado. Aquí aprendía a escribir, a ler, as contas básicas de matemáticas e historia de España. Os libros que empregaban chamábanse ‘’Raias primeiras’’, ‘’2º e 3º Manuscrito’’, ‘’Enciclopedia de grao medio’’. Estas asignaturas eran impartidas por desertores do arado, chamados así porque deixaban de traballar nas leiras para poder expoñer os seus coñecementos.

Hai que salientar que ao ser nunha pequena aldea, podían falar galego, pero os libros estaban escritos en castelán.

A VIDA NA ESCOLA DE MIÑA AVOA

Miña avoa nunca me falou moito do seu pasado, xa que aparte de carecer un pouco de memoria, pasaba a maioría do tempo axudando aos seus pais cos traballos do fogar, como dar de comer aos animais ou plantar as patacas e demais hortalizas para así comer e vendelas. Polo que me contou, na Silva falaba todo o mundo en galego, incluíndo o profesor. Dicíame que había moi poucos libros e que carecían moito de material debido aos escasos recursos da época. Non me dixo moito máis xa que non se acorda de case nada, pero polo que podo deducir, miña avoa nn tivo tanta sorte no mundo educativo coma min ou meus irmáns, por iso para min é un gran exemplo a seguir. Gracias a miña avoa e a todas as mulleres daquela época que seguiron adiante a pesar dos pensamentos da gran maioría dos homes que decían que as mulleres solo servían para estar na casa cos nenos e coidando de eles e mais do fogar. Un biquiño a todas elas!

As nosas avoas

Naqueles tempos había pobreza e as persoas non vivían coma agora. Nas escolas os libros eran en  branco e negro. Escribían con penas aguzadas dun metal dourado que debían poñer nun tinteiro para mollalo de tinta.Foi moi común nas aldeas que as aulas eran únicas e había nenos nelas desde os catro anos ata os que estaban a pouco tempo de deixar de ir porque eran necesarios no campo. O profesor ensinaba dunha soa vez cada un no seu nivel. Os pequenos sentaban diante e os máis vellos detrás. Naqueles anos non había autobuses escolares nin ningún medio para levar aos estudantes que tiñan que percorrer a distancia entre as súas casas e escola, polo cal temos que agradecer os avances que temos na actualidade.

A escola das miñas avoas



Naquela época as escolas eran bastante precarias, con aulas que podían chegar aos 100 alumnos e
estes separados polo o seu sexo. Dentro das aulas non se podía falar en galego xa que o mestre ou
mestra (no caso da miña avoa paterna chamábase  Esperanza) prohibíao e no recreo podías
falalo sempre e cando non estivesen presentes os meses.

As materias eran as básicas e sempre básicas ( ler e escribir ) ata que se chegase a unha certa
idade e as familias puidesen deixar estudar aos seus fillos. Se tiñas a sorte de que che deixasen
estudar a información sobre as carreiras era inferior á actual. Tamén hai que dicir  que na época
actual as mulleres conseguiron entrar e estar mais presentes máis universidades que naquela época.

A escola, un privilexio

Os meus avós

Na época dos meus avós, ir á escola era un privilexio, que poucos podían conseguir. Cada un deles pasaron escasos anos estudando, debido a falta de diñeiro no fogar, a necesidade de traballar ou, en caso das mulleres, para atender a casa e aos fillos ou aos irmáns pequenos.
Nunha soa clase eran 30 alumnos e alumnas polo menos, e diferenzábanse os bloques polos sexos, xa que non eran mixtos. Os centros excusábanse dicindo que “así os rapaces e as rapazas non se distraerían e centraríanse moito nas horas de colexio”. As nenas tiñan que estudar obrigatoriamente a asignatura “tarefas da casa”, que normalmente centrábase en saber coser e remendar, mentres que os nenos tendrían que estudar outras materias, as cales, nesa época, pensaban que estaban relacionadas co seu sexo.
Os mestres eran moi estrictos cos estudantes, utilizando castigos físicos para correxir a súa conduta, aunque as veces, se portasen ben.
Os horarios en ambos xéneros, eran dende as dez da mañá ata a unha do medio día, e logo volvían cara o colexio dende as tres ata as cinco da tarde. Todos os dias, de luns a venres.
As materias que máis destacaban pola súa importancia eran o castelán, as matemáticas e a relixión. Solían non falar en galego dentro do centro polas consecuencias que conlevaban, e intentaban expresarse neste idioma cando se encontraban no patio ou lonxe dos mestres. Na clase era obrigatorio falar en castelán, así como escribilo.

En definitiva, foi un tempo bastante complicado para os avós e as avoas de hoxe en día. Algúns non puideron estudar nunca por distintas razóns, e sempre nos intentan animar para seguir na escola e ter un bo futuro. Son un excelente exemplo de que, as veces non depende de nós mesmos poder estudar ou non, pero sempre que se teñan ganas e se teña a oportunidade, é mellor non desaproveitala.

A escola da miña avoa

A ESCOLA NA ÉPOCA DE MIÑA AVOA

A escola da miña avoa localizábase en Carballo, concretamente na calle do Sol. Era unha escola privada. Miña avoa foi aproximadamente 4 anos á escola. Asistían a ela 40 alumnos. Estes impartían materias como as matemáticas e lectura. As rapazas tiñan tamén clases de costura. Acudían días salteados na semana e entraban ás 10:00 da mañán e saían ás 18:00 da tarde. A súa mestra chamábase Dona Dosinda. O libro que tiña era coñecido como manuscrito. Miña avoa falaba galego, tanto na escola como na casa. O seu libro estaba escrito en castelán. Tamén aprendeu a escribir neste idioma. Durante a etapa escolar non escribiu nunca en galego.

A avoa Carme da Bértoa

Miña avoa Carme, ía á casa dunha veciña súa aprender a ler e a escribir. Dita casa localízase en Bértoa.

Ela escolarizouse aos sete anos, eran arredor de seis alumnos de diferentes idades e non tiñan un horario determinado para ir.
A súa mestra chamábase Dosinda. Para a súa aprendizaxe nn tiñan libros senón que empregaban unha enciclopedia.

Estudaba tamén, as operacións básicas de matemáticas.

A escola dos meus avós


Na pequena escola de meus avós, non había recreo nin tempo de lecer, xa que ían moi pouco tempo; era un colexio mixto ( estaban nenos e nenas na mesma aula ) e podían falar galego entre eles sen problema. Eles non tiñan tarefas adicionais para realizar na casa nin tiñan exámenes. A disposición da aula era a seguinte : estaban repartidos en dúas mesas de comedor ( os máis maiores por un lado e os máis pequenos noutro ) ,  tiñan un mapa de España e outro de Suíza colgado na parede e as cadeiras eran madeira e de diferentes formas; o mestre non tiña mesa e pasaba todo o tempo de pé. Tiñan dous libros, o silabario ( para aprender a ler) e a enciclopedia ( que contiña as asignaturas base todas mezcladas ). Escribían con pluma nun caderno ou con xiz nunha pequena pizarra. Por último, estes eran castigados de diferentes maneiras ( por sorte, meus avós nunca foron castigados) : poñíanos contra a parede, a estudar o mapa, dábanlles cunha vara de salgueiro nas mans, poñíanlle fabas no chan e axeonllábanse encima delas, abríanle os brazos e poñíanlle libros nas mans ...

O meu avó Xosé

O meu avó ,Xosé, estudou en Vilela en Galicia. Estivo indo á escola durante só dous                    
           meses, xa que só o ensinaban a ler e escribir para así mandalo despois a traballar.Na        
           súa escola os rapaces eran poucos e había tanto nenos coma nenas.O nome do seu
           mestre era Antón.
O meu avó íaá escola todos os días pola mañá e estaban alí só       
           unha hora porque despois pasaba a tarde ocupándose do gando e axudando nas
           tarefas fóra do fogar. Estudaba contas e ortografía, xa que era o máis importante á
           hora de traballar.

Non utilizaban libros, pois eles tiñan  pizarras.A lingua na que estudaban era en galego e meu avó nunca aprendeu a falar  en castelán,polo que falaban co profesor en galego.

A escola do meu avó no Esto

A ESCOLA DO MEU AVÓ

O outro día estiven falando co meu avó sobre a súa escola e educación (para un traballo de recolección de información) e aprendín moito con el sobre as súas costumes e as regras da súas época, non só no ámbito escolar. Pero deixando iso de lado, centrémonos na súa vida como estudante. Primeiro, el afirma que foi a unha casa privada que funcionaba como escola xunto con 30 alumnos máis. Esta estaba situada no Esto (foi xa demolida e é ilocalizable), alí estudou 7 ou 8 anos ata que tivo que marchar a traballar no campo xunto coa súa familia. Sobre o asunto das materias, el di que non estudaban ningunha en concreto, senón calquera cousa que aparecía no libro de forma mesturada. Respecto a isto, el tiña varios e eran: o Catón, o Silabario, unha enciclopedia e o Primeiro, Segundo e Terceiro Manuscrito (escritos en castelán).
Todo isto, éralle ensinado por unha profesora denominada como doña Jesusa, a cal, supostamente, permitialles falar galego, tanto nas aulas como no patio (e así o facía o meu avó, tanto aquí coma na casa). Aínda que di que si sentía medo ás veces ao falar galego, debido á represión que sufría na época.
Tamén afirmaba que tiñan un horario moi cómodo, empezando ás 9 da mañá e acabando á 1 da tarde, cun descanso ás 11 para “tomar o leite”.

O meu avó contoumo todo con moito detalle e gustariame poder transmitilo da mesma forma, o cal é uha tarefa bastante complexa, pois non sentimos o temor nin a violencia que eles tiveron que aturar, aínda que, segundo o meu avó, como a súa aldea non era moi coñecida nin estaba populada de forma abundante, non o experimentaron de forma tan forte coma outros.

A avoa Pilar Aurora


A escola das miñas avoas 

Neste traballo, os alumnos de 1º de Bacharalato fixemos unha entrevista ás nosas avoas e avós. A partir desta poidemos comprender as circunstancias de Galicia nestes anos, e a escasa educación que recibían os meniños. Esto axúdanos a comprender a importancia e a sorte que temos de poder recibir a educación actual.

 Neste caso eu entrevistei á miña avoa, Pilar Aurora Otero Pérez. Estudou durante 10 anos no colexio de Santa María de Grixoa, Santiago. Nas clases, eran unha media de 40 alumnos por aula, e aínda que o colexio era mixto, separaban aos alumnos de diferente sexo en distintos andares. Acudían cinco días á clase, de luns a venres, pola mañán e pola tarde, onde podían cursar asignaturas como Lingua Castelá, Matemáticas, Historia Sagrada, Historia de España e Xeografía. Estas materias foron impartidas por diferentes mestres e mestras, que no caso da miña avoa chamábamse Marisa, Marita e Antonio.

A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS.


A escola dos meus avós era dos 7 aos 10 años aproximadamente, na aula eran uns 25-26 nenos e nenas xa que estaban mesturados, e ás veces faltaban os nenos/as as escolas por ter que axudar ao seus pais nos labores do fogar.
Noutros casos, había anos que ían rapaces mais maiores que de 10 anos estudar a mesma escola. Os rapaces e rapazas acudían a clase de luns a venres pola mañá e pola tarde; todos usaban os mesmos libros que ían aumentando en graos a medida dos anos, e os libros eran todos en castelán.
Na escola da miña avoa estaba prohibido falar en galego, e se entre compañeiros o falaban, os do vila ríanse dos rapaces da aldea que eran os únicos que falaban o galego. O interior da escola era un gran espazo aberto con pupitres de madeira antigos e os asentos eran bancos; tamén había un pequeno encerado e algunhas estanterías con poucos libros.

Esta imaxe é de como se atopa agora a escola que foi reformada xa fai moitos anos e fixeron da escola unha casa. O nome da escola era “Esteco”.
Ademais, os profesores cando os seus alumnos se comportaban de forma incorrecta, pegábanlle cunha regra de madeira nas mans. Pero a medida que foron pasando os anos, as escolas cambiaron moito e para mellor, e a educación foi progresando cos anos.

A escola das nosas avoas

Cando a miña avoa ía a escola era moi distinto a hoxe en día. Todo o que ela me contou hoxe en día é inconcibible en calquera escola ou instituto.
A súa escola era a única que ensinaba aos nenos nuns 15 kilómetros a redonda polo cal pódese observar que en cada clase eran unha chea de eles, na clase da miña avoa máis concretamente era unha única mestra para máis ou menos uns corenta alumnos.

Para ela a escola ía desde as nove ata a unha, debido a que despois de estudar ela dirixíase a casa para axudar a súa nai a coser, ela quería seguir estudando pero pola falta de diñeiro de aquela época non podía ir estudar ao instituto máis próximo, que se encontraba na Coruña  

A avoa Carmen


A miña avoa Carmen agora mesmo ten 74 anos e cando era máis nova estudou en Carballo, estivo arredor de 3 anos estudando. Miña avoa tenme contado que cando ía estudar eran moi poucos alumnos xa que non todo o mundo tiña esa oportunidade. As materias que se impartían eran as de ler e escribir, miña avoa ía a clase os días que podía xa que non é como agora que hai un horario, inda con todas esas cando asistían a clase tiñan de 10:00 a 13:00. A mestra que lle daba clase á miña avoa chamábase Josefa. Polo que me dixo miña avoa non era tan mala como parecía, xa que antes non había os luxos que hai agora. O seu libro era unha enciclopedia. Como di miña avoa “grazas a Deus” as cousas avanzaron moito.

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...