martes, 26 de marzo de 2019

A escola, un privilexio

Os meus avós

Na época dos meus avós, ir á escola era un privilexio, que poucos podían conseguir. Cada un deles pasaron escasos anos estudando, debido a falta de diñeiro no fogar, a necesidade de traballar ou, en caso das mulleres, para atender a casa e aos fillos ou aos irmáns pequenos.
Nunha soa clase eran 30 alumnos e alumnas polo menos, e diferenzábanse os bloques polos sexos, xa que non eran mixtos. Os centros excusábanse dicindo que “así os rapaces e as rapazas non se distraerían e centraríanse moito nas horas de colexio”. As nenas tiñan que estudar obrigatoriamente a asignatura “tarefas da casa”, que normalmente centrábase en saber coser e remendar, mentres que os nenos tendrían que estudar outras materias, as cales, nesa época, pensaban que estaban relacionadas co seu sexo.
Os mestres eran moi estrictos cos estudantes, utilizando castigos físicos para correxir a súa conduta, aunque as veces, se portasen ben.
Os horarios en ambos xéneros, eran dende as dez da mañá ata a unha do medio día, e logo volvían cara o colexio dende as tres ata as cinco da tarde. Todos os dias, de luns a venres.
As materias que máis destacaban pola súa importancia eran o castelán, as matemáticas e a relixión. Solían non falar en galego dentro do centro polas consecuencias que conlevaban, e intentaban expresarse neste idioma cando se encontraban no patio ou lonxe dos mestres. Na clase era obrigatorio falar en castelán, así como escribilo.

En definitiva, foi un tempo bastante complicado para os avós e as avoas de hoxe en día. Algúns non puideron estudar nunca por distintas razóns, e sempre nos intentan animar para seguir na escola e ter un bo futuro. Son un excelente exemplo de que, as veces non depende de nós mesmos poder estudar ou non, pero sempre que se teñan ganas e se teña a oportunidade, é mellor non desaproveitala.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...