Miña avoa nunca me falou moito do seu pasado, xa que aparte de carecer un pouco de memoria, pasaba a maioría do tempo axudando aos seus pais cos traballos do fogar, como dar de comer aos animais ou plantar as patacas e demais hortalizas para así comer e vendelas. Polo que me contou, na Silva falaba todo o mundo en galego, incluíndo o profesor. Dicíame que había moi poucos libros e que carecían moito de material debido aos escasos recursos da época. Non me dixo moito máis xa que non se acorda de case nada, pero polo que podo deducir, miña avoa nn tivo tanta sorte no mundo educativo coma min ou meus irmáns, por iso para min é un gran exemplo a seguir. Gracias a miña avoa e a todas as mulleres daquela época que seguiron adiante a pesar dos pensamentos da gran maioría dos homes que decían que as mulleres solo servían para estar na casa cos nenos e coidando de eles e mais do fogar. Un biquiño a todas elas!
Amosando publicacións coa etiqueta TRA b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TRA b>. Amosar todas as publicacións
martes, 26 de marzo de 2019
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Foliada das Letras galegas
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
Na pequena escola de meus avós, non había recreo nin tempo de lecer, xa que ían moi pouco tempo; era un colexio mixto ( estaban nenos e ne...
-
https://twitter.com/i/status/1073530918353154048 Velaquí un resumo do paso de Aulas Sen Paredes por #ogalegoamiñalinguapropia...