Amosando publicacións coa etiqueta ENDLG. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ENDLG. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de xuño de 2019

Roteiro do Equipo de Normalización --- Intercambio co IES Plurilingüe Elviña

O alumnado que colabora co Equipo de Normalización levaba xa moitos meses nun proxecto común co alumnado do IES Elviña. Moitas cartas foron e viñeron do barrio coruñés ao centro próximo a Sísamo. Coas redes sociais, o coñecemento mutuo é máis doado. Porén, non hai nada como verse en persoa.

 A sesión final deste Intercambio estaba programada para o día 30 de maio. Porén, causas alleas á nosa vontade impediron que os rapaces e rapazas coruñesas chegasen a Carballo. Botámolos moito de menos, pero decidimos continuar coa actividade.

Os nosos alumnos e alumnas recomendaron libros que leran durante este curso, vimos o vídeo realizado coas fotos de Aitana Souto e completamos o día cun roteiro polo río Anllóns, acompañados do noso profesor Suso. Aínda que son paisaxes coñecidos para tod@s, sempre hai cousas que Suso nos pode contar da historia e dos costumes da nosa vila.

Aquí deixamos as nosas presentacións e as fotos da actividade
Penúltimas tendencias

Club de calceta

Vídeo de Aitana









mércores, 5 de xuño de 2019

Dando a nota | 1 | Programa de actualidade do IES Monte Neme


O alumnado de FPB de Electricidade e equipos electrónicos vén traballando desde hai tempo nun programa radiofónico. Por fin, conseguimos gravalo no estudo de radio do IES Monte Neme. 



Esperemos que sexa  a primeira de moitas contribucións. 

Entrevista a Guillermo González-Botas

Dentro do proxecto de radio que estamos a desenvolver no centro, o alumnado de 3º ESO está a preparar distintos podcasts. Un deles é esta entrevista ao noso alumno Guillermo, que compaxina os estudos coas carreiras de karts. Vén de gañar unha bolsa que lle permitiu presentarse a un campionato nacional.

Con este encontro dirixido por David e Mateo, poderemos saber máis desa faceta súa e do mundo do karting

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...