A sesión final deste Intercambio estaba programada para o día 30 de maio. Porén, causas alleas á nosa vontade impediron que os rapaces e rapazas coruñesas chegasen a Carballo. Botámolos moito de menos, pero decidimos continuar coa actividade.
Os nosos alumnos e alumnas recomendaron libros que leran durante este curso, vimos o vídeo realizado coas fotos de Aitana Souto e completamos o día cun roteiro polo río Anllóns, acompañados do noso profesor Suso. Aínda que son paisaxes coñecidos para tod@s, sempre hai cousas que Suso nos pode contar da historia e dos costumes da nosa vila.
Aquí deixamos as nosas presentacións e as fotos da actividade
Penúltimas tendencias
Club de calceta
Vídeo de Aitana
Ningún comentario:
Publicar un comentario