martes, 9 de abril de 2019

Podcast Música na Revolta

Con todos vós, o noso programa de actualidade musical nas ondas, Música na Revolta. Nesta primeira emisión, os intrépidos reporteiros Samuel, Tere e Brais falarannos sobre o grupo CUARTA XUSTA. A presentadora do programa é Aitana.


Música na Revolta

xoves, 4 de abril de 2019

Aldaolado

Unha mañá de outubro visitaron a nosa biblioteca dúas rapazas, Lucía e María, que forman o dúo Aldaolado. Ofrecéronnos un recital poética como agasallo do FIOT. O seu humor fixo que pasasemos un bo rato e que aprendesemos a apreciar a poesía.
Este é un dos xéneros literarios con menos recoñecemento. A súa situación é semellante á do galego, que como nos explicaron, está minorizado polo castelán e de nós depende que non desapareza. Transmitíronnos a mensaxe de que o galego debe ser esencial para as nosas vidas.
Con esta visita, pretendían achegarnos un pouco máis este xénero, demostrando tamén o fermoso que é o noso idioma, obxectivo que acadaron dun xeito lúdico e didáctico, acompañando as súas palabras de constantes bromas que lle deron un toque humorístico, pero sen esquecer a profundidade dos seus poemas, algúns compostos por elas mesmas, grazas ao toque musical de Lucía, que nos deleitou coa súa fermosa voz. María Lado foi moi simpática, ten unha forma máxica de recitar. Gustounos especialmente o seu poema “Pintados nun muro”.
Nós mesmos, cara ao final da actividade, convertémonos en poetas e xuntamos versos de poemas de autores galegos para crear unha composición de noso.
Compartimos momentos moi divertidos e fixémonos conscientes da importancia do noso idioma e do fermosa que é a poesía.
O que fan estas artistas achega o galego e a poesía aos máis novos, utilizando a musica e os xogos. Conseguiron transportarnos a outro mundo e poder apreciar así o traballo das poetas.
Esperamos que volvan a facer outra actividade así no noso centro, xa que foi unha experiencia única que nos gustaría repetir.
Grazas a Aldaolado por este momento.
Alumnado de 1º BACH do IES Monte Neme

Concerto De Vacas (outubro)

O alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto de De Vacas organizado pola secretaría de Política Lingüística do concello da Coruña.

Conxuro da castañada


Para celebrarmos o Magosto, 3º ESO modificou o conxuro tradicional. Foi lido durante a celebración polo alumnado pertencente ao Equipo de Dinamización.

 Este é o resultado



Certame de relatos (outubro). Gañador de 4º e Bach

Certame de relatos de terror (outubro)

Rosalía Fernández Rial




https://twitter.com/i/status/1073530918353154048

Velaquí un resumo do paso de Aulas Sen Paredes por . 🥁🎤 A actividade de . incluída no programa de promoción da lingua galega de 📹 dentro vídeo

Kahoot Castelao

O alumnado de Equipos electrónicos (FPB 1º) realizou un xogo para aprenderdes máis cousas sobre Castelao

https://create.kahoot.it/share/d635dfd9-4f4

Lemas contra o maltrato

A finais da primeira avaliación, fallamos este concurso. O noso alumnado reflexionou sobre o tema e intentou plasmar as súas preocupacións e arelas.
Grazas a tod@s por participar! As gañadoras son: Paula Serrano Samira Remuiñán Candela Battiato Valeria Gómez





Visita a Santiago



O alumnado de 1º BACH visitou Santiago de Compostela en febreiro. Despois de realizar múltiples traballos sobre as escolas das súas avoas, visitaron a exposición Castelao maxistral na Cidade da Cultura.

Podedes ver parte destes traballos na nosa etiqueta "avoas"


Ademais, aproveitamos para visitar o Pórtico da Gloria por primeira vez desde a súa restauración. Previamente fixemos un traballo nas materias de Relixión e Educación Musical. 

Estamos en contacto coa nosa cultura. 


Creación poética arredor da figura de Rosalía





Creación poética do alumnado a partir da lectura de Cantares gallegos.

Farmapoética







Día de Rosalía no IES Monte Neme As nosas farmacéuticas tituladas, cuxa especialidade é a Farmapoética, repartiron medicina para a alma a todo aquel que quixo achegarse ao seu posto.

Moitas grazas a Nerea, Ainhoa e Alejandra, que sempre están dispostas a axudar ao EDLG en todo o que se lles propón. Convosco, a lingua está en boas mans.


Concerto Zënzar e visita á exposición A saia raíña

O concello da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar nunha charla coloquio sobre a música actual galega da man dos integrantes de Zënzar. 

Ademais, visitamos a exposición A saia raíña. A autora, Rita Mas, achegouse para compartir connosco as súas experiencias sobre as mulleres enloitadas. 






Carballo en negro

Día Europeo das Linguas

Outubro Manuel María

Libre o meu pensamento



Adherímonos á iniciativa da AELG creando a nosa versión sobre o poema de Ana Romaní.


A arte na Idade Media

Guillermo e Ángel realizaron un traballo sobre a arte románica. Podedes ver o vídeo interactivo en Touchcast

Eis a ligazón

A arte románica

Tamén podedes velo en youtube (non podedes abrir as ligazóns)

Os gremios

O alumnado de Formación profesional básica de Electricidade e equipos electrónicos na materia de Comunicación e sociedade preparou uns videos interactivos sobre a Idade Media.

Nesta ligazón veredes o de Tania, Diego e David




Roteiro Senlleiras

O alumnado de 1o de Bacharelato degustou a novela de Antía Yáñez. Como actividade final esta lectura compartida e colectiva, fixemos un roteiro polos escenarios da novela coa propia Antía que foi moi atenta connosco. Asinou os nosos libros, resolveu dúbidas e sobre todo fíxonos reflexionar sobre a escrita.




Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...