xoves, 4 de abril de 2019

Concerto Zënzar e visita á exposición A saia raíña

O concello da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar nunha charla coloquio sobre a música actual galega da man dos integrantes de Zënzar. 

Ademais, visitamos a exposición A saia raíña. A autora, Rita Mas, achegouse para compartir connosco as súas experiencias sobre as mulleres enloitadas. 






1 comentario:

  1. Estupenda a vosa visita no Centro Ägora, Moitas grazas. Logo da sorte de ser entrevista no programa da Radio Galega, A Tarde, costesto,- un pouco máis extenso- á pregunta referida á derogación da Pragmática de Luto y Cera (1502); como dixen foi relaxada por Felipe V, por exemplo, no referido a traxes e gastos supérfluos, limitación do loito aos consaguíneos e outras medidas, estas modificación foron publicadas en Logroño no ano 1729.
    Según me informou a avogada, María Gómez, a Novísima Recopilación de las Leyes de España, publicada no 1805, recolle no Título XII o referido a vestimenta, e polo tanto tamén ao loito.
    Tamén fala Rodríguez Becerra, de que a partir do século XX as reformas sanitarias teñen que decir sobre a vestimenta, de certo algunas mulleres coas que eu falei,, me dixeron que “O médico/a dos nervos obligabas a quitar o loito” .
    Compre falar do Nuevo Manual de Urbanidad. Cortesía, decoro y etiqueta , de 1889, de J. Cuesta ao que me refiro nesta entrevista, que guía o comportamento do costume do loito , máis que nada ás mulleres ( era de esperar).
    Efectivamente derogadas as pragmáticas e lexislaciones, rixe o costume que prolonga a lei, non hai sancións económicas, pero poderíase considerar que unha certa sanción da colectividade social.
    Ao meu entender , existíu un desfase entre o lexislado e o practicado. A visibilidade do loito, como tal, existíu até os anos 70 do século XX, e hoxe, teño o atrevemento de concluir que está por desaparecer.
    Moitas grazas. Unha aperta. Rita Más Ybáñez. ( A SAIA RAÍÑA)

    ResponderEliminar

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...