Na pequena escola de meus avós, non había recreo nin tempo de lecer, xa que ían moi pouco tempo; era un colexio mixto ( estaban nenos e nenas na mesma aula ) e podían falar galego entre eles sen problema. Eles non tiñan tarefas adicionais para realizar na casa nin tiñan exámenes. A disposición da aula era a seguinte : estaban repartidos en dúas mesas de comedor ( os máis maiores por un lado e os máis pequenos noutro ) , tiñan un mapa de España e outro de Suíza colgado na parede e as cadeiras eran madeira e de diferentes formas; o mestre non tiña mesa e pasaba todo o tempo de pé. Tiñan dous libros, o silabario ( para aprender a ler) e a enciclopedia ( que contiña as asignaturas base todas mezcladas ). Escribían con pluma nun caderno ou con xiz nunha pequena pizarra. Por último, estes eran castigados de diferentes maneiras ( por sorte, meus avós nunca foron castigados) : poñíanos contra a parede, a estudar o mapa, dábanlles cunha vara de salgueiro nas mans, poñíanlle fabas no chan e axeonllábanse encima delas, abríanle os brazos e poñíanlle libros nas mans ...
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Foliada das Letras galegas
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
O concello da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar nunha charla coloquio sobre a música actual galega da man dos integrantes de Z...
-
O alumnado que colabora co Equipo de Normalización levaba xa moitos meses nun proxecto común co alumnado do IES Elviña. Moitas cartas foron ...
-
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario