O meu avó ,Xosé, estudou en Vilela en Galicia. Estivo indo á escola durante só dous
meses, xa que só o ensinaban a ler e escribir para así mandalo despois a traballar.Na
súa escola os rapaces eran poucos e había tanto nenos coma nenas.O nome do seu
mestre era Antón.
O meu avó íaá escola todos os días pola mañá e estaban alí só
unha hora porque despois pasaba a tarde ocupándose do gando e axudando nas
tarefas fóra do fogar. Estudaba contas e ortografía, xa que era o máis importante á
hora de traballar.
Non utilizaban libros, pois eles tiñan pizarras.A lingua na que estudaban era en galego e meu avó nunca aprendeu a falar en castelán,polo que falaban co profesor en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario