martes, 26 de marzo de 2019

A escola do meu avó no Esto

A ESCOLA DO MEU AVÓ

O outro día estiven falando co meu avó sobre a súa escola e educación (para un traballo de recolección de información) e aprendín moito con el sobre as súas costumes e as regras da súas época, non só no ámbito escolar. Pero deixando iso de lado, centrémonos na súa vida como estudante. Primeiro, el afirma que foi a unha casa privada que funcionaba como escola xunto con 30 alumnos máis. Esta estaba situada no Esto (foi xa demolida e é ilocalizable), alí estudou 7 ou 8 anos ata que tivo que marchar a traballar no campo xunto coa súa familia. Sobre o asunto das materias, el di que non estudaban ningunha en concreto, senón calquera cousa que aparecía no libro de forma mesturada. Respecto a isto, el tiña varios e eran: o Catón, o Silabario, unha enciclopedia e o Primeiro, Segundo e Terceiro Manuscrito (escritos en castelán).
Todo isto, éralle ensinado por unha profesora denominada como doña Jesusa, a cal, supostamente, permitialles falar galego, tanto nas aulas como no patio (e así o facía o meu avó, tanto aquí coma na casa). Aínda que di que si sentía medo ás veces ao falar galego, debido á represión que sufría na época.
Tamén afirmaba que tiñan un horario moi cómodo, empezando ás 9 da mañá e acabando á 1 da tarde, cun descanso ás 11 para “tomar o leite”.

O meu avó contoumo todo con moito detalle e gustariame poder transmitilo da mesma forma, o cal é uha tarefa bastante complexa, pois non sentimos o temor nin a violencia que eles tiveron que aturar, aínda que, segundo o meu avó, como a súa aldea non era moi coñecida nin estaba populada de forma abundante, non o experimentaron de forma tan forte coma outros.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...