martes, 26 de marzo de 2019

A avoa Pilar Aurora


A escola das miñas avoas 

Neste traballo, os alumnos de 1º de Bacharalato fixemos unha entrevista ás nosas avoas e avós. A partir desta poidemos comprender as circunstancias de Galicia nestes anos, e a escasa educación que recibían os meniños. Esto axúdanos a comprender a importancia e a sorte que temos de poder recibir a educación actual.

 Neste caso eu entrevistei á miña avoa, Pilar Aurora Otero Pérez. Estudou durante 10 anos no colexio de Santa María de Grixoa, Santiago. Nas clases, eran unha media de 40 alumnos por aula, e aínda que o colexio era mixto, separaban aos alumnos de diferente sexo en distintos andares. Acudían cinco días á clase, de luns a venres, pola mañán e pola tarde, onde podían cursar asignaturas como Lingua Castelá, Matemáticas, Historia Sagrada, Historia de España e Xeografía. Estas materias foron impartidas por diferentes mestres e mestras, que no caso da miña avoa chamábamse Marisa, Marita e Antonio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...