martes, 26 de marzo de 2019

A ESCOLA DOS NOSOS AVÓS.


A escola dos meus avós era dos 7 aos 10 años aproximadamente, na aula eran uns 25-26 nenos e nenas xa que estaban mesturados, e ás veces faltaban os nenos/as as escolas por ter que axudar ao seus pais nos labores do fogar.
Noutros casos, había anos que ían rapaces mais maiores que de 10 anos estudar a mesma escola. Os rapaces e rapazas acudían a clase de luns a venres pola mañá e pola tarde; todos usaban os mesmos libros que ían aumentando en graos a medida dos anos, e os libros eran todos en castelán.
Na escola da miña avoa estaba prohibido falar en galego, e se entre compañeiros o falaban, os do vila ríanse dos rapaces da aldea que eran os únicos que falaban o galego. O interior da escola era un gran espazo aberto con pupitres de madeira antigos e os asentos eran bancos; tamén había un pequeno encerado e algunhas estanterías con poucos libros.

Esta imaxe é de como se atopa agora a escola que foi reformada xa fai moitos anos e fixeron da escola unha casa. O nome da escola era “Esteco”.
Ademais, os profesores cando os seus alumnos se comportaban de forma incorrecta, pegábanlle cunha regra de madeira nas mans. Pero a medida que foron pasando os anos, as escolas cambiaron moito e para mellor, e a educación foi progresando cos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...