Miña avoa Carme, ía á casa dunha veciña súa aprender a ler e a escribir. Dita casa localízase en Bértoa.
Ela escolarizouse aos sete anos, eran arredor de seis alumnos de diferentes idades e non tiñan un horario determinado para ir.
A súa mestra chamábase Dosinda. Para a súa aprendizaxe nn tiñan libros senón que empregaban unha enciclopedia.
Estudaba tamén, as operacións básicas de matemáticas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario