Naquela época as escolas eran bastante precarias, con aulas que podían chegar aos 100 alumnos e
estes separados polo o seu sexo. Dentro das aulas non se podía falar en galego xa que o mestre ou
mestra (no caso da miña avoa paterna chamábase Esperanza) prohibíao e no recreo podías
falalo sempre e cando non estivesen presentes os meses.
As materias eran as básicas e sempre básicas ( ler e escribir ) ata que se chegase a unha certa
idade e as familias puidesen deixar estudar aos seus fillos. Se tiñas a sorte de que che deixasen
estudar a información sobre as carreiras era inferior á actual. Tamén hai que dicir que na época
actual as mulleres conseguiron entrar e estar mais presentes máis universidades que naquela época.
Ningún comentario:
Publicar un comentario