Naqueles tempos había pobreza e as persoas non vivían coma agora. Nas escolas os libros eran en branco e negro. Escribían con penas aguzadas dun metal dourado que debían poñer nun tinteiro para mollalo de tinta.Foi moi común nas aldeas que as aulas eran únicas e había nenos nelas desde os catro anos ata os que estaban a pouco tempo de deixar de ir porque eran necesarios no campo. O profesor ensinaba dunha soa vez cada un no seu nivel. Os pequenos sentaban diante e os máis vellos detrás. Naqueles anos non había autobuses escolares nin ningún medio para levar aos estudantes que tiñan que percorrer a distancia entre as súas casas e escola, polo cal temos que agradecer os avances que temos na actualidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario