martes, 26 de marzo de 2019

A escola do meu avó José


Neste caso, entrevistamos a José González Vázquez o cal ten 73 anos e destes só acudiu entre 3 e 4 á escola.
Acudía a unha casa particular en Aldemunde, era chamada unha escola de aforrado, xa que para poder acudir a ela tiñas que dar un ferrado de terreo.
Na clase había entre 25 e 30 alumnos, que tiñan que asistir 2 horas pola mañá dende o luns ata o sábado. Aquí aprendía a escribir, a ler, as contas básicas de matemáticas e historia de España. Os libros que empregaban chamábanse ‘’Raias primeiras’’, ‘’2º e 3º Manuscrito’’, ‘’Enciclopedia de grao medio’’. Estas asignaturas eran impartidas por desertores do arado, chamados así porque deixaban de traballar nas leiras para poder expoñer os seus coñecementos.

Hai que salientar que ao ser nunha pequena aldea, podían falar galego, pero os libros estaban escritos en castelán.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...