A escola onde foi meu avó pertencía ao Irixo, Ourense. Como me contou a miña avoa o colexio do meu avó era pequeno, xa que eran moi poucos os alumnos que podían ir xa que a maioría traballaba, pero aínda así a case todos os que tiñan a posibilidade de ir gustáballes, xa que era unha maneira de desconectar da dura xornada laboral.
Como me contou a avoa nas clases os profesores eran moi esixentes xa que á mínima, os alumnos eran castigados duramente un castigo que sempre me acordarei que me dixo o meu avó era a do arroz na punta dos dedos xa que unha vez que o mestre lle poñía isto pegáballe duramente coa regra nas xemas dos dedos, pero aínda así moitos prefería ir a clase que ir traballar. O horario de clases era curto pero como me contaron eran horas moi produtivas xa que coa disciplina do mestre todos estaban calados e así a clase dábase toda.
O meu avó cando estaba vivo contoume que na súa clase non había nenas, e non tiñan libros como agora senón unha pizarras, e na clase todos tiñan un único libro a Enciclopedia xa que eran a minoría os que tiñan cartos e polo tanto non o podían ter, pero inclusive así xa en dous anos sabían facer contas básicas e escribir e incluso facer a súa propia firma xa que iso ensinábase tamén nas aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario