Con todos vós, o noso programa de actualidade musical nas ondas, Música na Revolta. Nesta primeira emisión, os intrépidos reporteiros Samuel, Tere e Brais falarannos sobre o grupo CUARTA XUSTA. A presentadora do programa é Aitana.
Música na Revolta
martes, 9 de abril de 2019
xoves, 4 de abril de 2019
Aldaolado
Unha mañá de outubro visitaron a nosa biblioteca dúas rapazas, Lucía e María, que forman o dúo Aldaolado. Ofrecéronnos un recital poética como agasallo do FIOT. O seu humor fixo que pasasemos un bo rato e que aprendesemos a apreciar a poesía.
Este é un dos xéneros literarios con menos recoñecemento. A súa situación é semellante á do galego, que como nos explicaron, está minorizado polo castelán e de nós depende que non desapareza. Transmitíronnos a mensaxe de que o galego debe ser esencial para as nosas vidas.
Con esta visita, pretendían achegarnos un pouco máis este xénero, demostrando tamén o fermoso que é o noso idioma, obxectivo que acadaron dun xeito lúdico e didáctico, acompañando as súas palabras de constantes bromas que lle deron un toque humorístico, pero sen esquecer a profundidade dos seus poemas, algúns compostos por elas mesmas, grazas ao toque musical de Lucía, que nos deleitou coa súa fermosa voz. María Lado foi moi simpática, ten unha forma máxica de recitar. Gustounos especialmente o seu poema “Pintados nun muro”.
Nós mesmos, cara ao final da actividade, convertémonos en poetas e xuntamos versos de poemas de autores galegos para crear unha composición de noso.
Compartimos momentos moi divertidos e fixémonos conscientes da importancia do noso idioma e do fermosa que é a poesía.
O que fan estas artistas achega o galego e a poesía aos máis novos, utilizando a musica e os xogos. Conseguiron transportarnos a outro mundo e poder apreciar así o traballo das poetas.
Esperamos que volvan a facer outra actividade así no noso centro, xa que foi unha experiencia única que nos gustaría repetir.
Grazas a Aldaolado por este momento.
Alumnado de 1º BACH do IES Monte Neme
Concerto De Vacas (outubro)
O alumnado de 3º ESO asistiu a un concerto de De Vacas organizado pola secretaría de Política Lingüística do concello da Coruña.
Conxuro da castañada
Para celebrarmos o Magosto, 3º ESO modificou o conxuro tradicional. Foi lido durante a celebración polo alumnado pertencente ao Equipo de Dinamización.
Este é o resultado
Rosalía Fernández Rial
https://twitter.com/i/status/1073530918353154048
Velaquí un resumo do paso de Aulas Sen Paredes por #ogalegoamiñalinguapropia. 
A actividade de #RosalíaFernándezRial . incluída no programa de promoción da lingua galega de @DACCultura
dentro vídeo



Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Foliada das Letras galegas
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
Na pequena escola de meus avós, non había recreo nin tempo de lecer, xa que ían moi pouco tempo; era un colexio mixto ( estaban nenos e ne...
-
https://twitter.com/i/status/1073530918353154048 Velaquí un resumo do paso de Aulas Sen Paredes por #ogalegoamiñalinguapropia...