O alumnado de 3o participou o día 6 de xuño no Correlingua da Coruña. Cantaron, bailaron e defenderon a pancarta creada por Ana, a profesora de Plástica e o alumnado de 4o.
martes, 11 de xuño de 2019
Correlingua 2019
Ruar e rir
Ruar e rir
O concello de Carballo propúxonos participar nesta nova edición de Ruar e rir. Reflexionamos e creamos varios versos acaídos para ser colocados en pasos de peóns e pintamos algunha delas polos arredores do centro.
Eis, o blog de Santi Pazos, que nos guiou durante este percorrido, xunto coa profesora de Plástica, Ana e a responsable do ENDLG, Patricia.
— IES Monte Neme (@iesmonteneme) May 13, 2019

Roteiro do Equipo de Normalización --- Intercambio co IES Plurilingüe Elviña
O alumnado que colabora co Equipo de Normalización levaba xa moitos meses nun proxecto común co alumnado do IES Elviña. Moitas cartas foron e viñeron do barrio coruñés ao centro próximo a Sísamo. Coas redes sociais, o coñecemento mutuo é máis doado. Porén, non hai nada como verse en persoa.
A sesión final deste Intercambio estaba programada para o día 30 de maio. Porén, causas alleas á nosa vontade impediron que os rapaces e rapazas coruñesas chegasen a Carballo. Botámolos moito de menos, pero decidimos continuar coa actividade.
Os nosos alumnos e alumnas recomendaron libros que leran durante este curso, vimos o vídeo realizado coas fotos de Aitana Souto e completamos o día cun roteiro polo río Anllóns, acompañados do noso profesor Suso. Aínda que son paisaxes coñecidos para tod@s, sempre hai cousas que Suso nos pode contar da historia e dos costumes da nosa vila.
Aquí deixamos as nosas presentacións e as fotos da actividade
Penúltimas tendencias
Club de calceta
Vídeo de Aitana

luns, 10 de xuño de 2019
Memorias dun neno labrego por 3º A
Este trimestre, esta foi unha das lecturas para o alumnado. Realizaron unhas recensións coa aplicación Touchcast.
http://www.touchcast.com/linguagalega/memoria_dun_neno_labrego_javier_e_enrique
https://v2.touchcast.com/linguagalega/memorias_dun_neno_labrego_guille_fabian_e_cristian
http://www.touchcast.com/linguagalega/memoria_dun_neno_labrego_javier_e_enrique
https://v2.touchcast.com/linguagalega/memorias_dun_neno_labrego_guille_fabian_e_cristian
Entrevista a Nerea Couto
https://www.ivoox.com/36882777
O día 24 de maio tivo lugar a graduación do alumnado de 2º Bacharelato. Moitos de nós xa coñeciamos o talento sen par de Fabián Cotelo. Sentamos para admirar a súa excelencia no piano e ficamos rendidos tamén ante a voz de Nerea Couto.
Se queredes saber máis de como se xestou esa actuación, abride ben as orellas e dádelle a play.
Na foto, a nosa Nerea receitando poemas uns meses antes a todo o alumnado que tiña algunha dor.

mércores, 5 de xuño de 2019
Dando a nota | 1 | Programa de actualidade do IES Monte Neme
O alumnado de FPB de Electricidade e equipos electrónicos vén traballando desde hai tempo nun programa radiofónico. Por fin, conseguimos gravalo no estudo de radio do IES Monte Neme.
Esperemos que sexa a primeira de moitas contribucións.
Entrevista a Guillermo González-Botas
Dentro do proxecto de radio que estamos a desenvolver no centro, o alumnado de 3º ESO está a preparar distintos podcasts. Un deles é esta entrevista ao noso alumno Guillermo, que compaxina os estudos coas carreiras de karts. Vén de gañar unha bolsa que lle permitiu presentarse a un campionato nacional.
Con este encontro dirixido por David e Mateo, poderemos saber máis desa faceta súa e do mundo do karting
Música na Revolta
A asociación Música ao vivo propúxonos colaborar coa súa Radio online con podcasts sobre grupos de música. Os nosos intrépidos alumnos, Aitana Souto, Brais López, Teresa Areosa e Samuel Domínguez, gravaron un mini programa dentro do proxecto de Produción audiovisual sobre o grupo Cuarta Xusta.
Aquí o podedes escoitar:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
Foliada das Letras galegas
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...
-
O concello da Coruña ofreceunos a posibilidade de participar nunha charla coloquio sobre a música actual galega da man dos integrantes de Z...
-
O alumnado que colabora co Equipo de Normalización levaba xa moitos meses nun proxecto común co alumnado do IES Elviña. Moitas cartas foron ...
-
https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...