xoves, 4 de xullo de 2019

Foliada das Letras galegas






https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj

Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ver todos os vídeos gravados polo alumnado de Electricidade.

Grazas ao departamento de Música e, concretamente, á súa profesora, María Álvarez Santiago, estupenda acordeonista e motivadora excepcional, puidemos levar a cabo esta estupenda foliada. Todo o alumnado participou dunha maneira ou doutra. Hai tanto talento no noso centro... gaiteirxs, pandereteirxs, bailadorxs e moitos cantantes.

Xa nos tarda a seguinte!

martes, 11 de xuño de 2019

Correlingua 2019



Ruar e rir

Ruar e rir
O concello de Carballo propúxonos participar nesta nova edición de Ruar e rir. Reflexionamos e creamos varios versos acaídos para ser colocados en pasos de peóns e pintamos algunha delas polos arredores do centro.

Eis, o blog de Santi Pazos, que nos guiou durante este percorrido, xunto coa profesora de Plástica, Ana e a responsable do ENDLG, Patricia.

— IES Monte Neme (@iesmonteneme) May 13, 2019


Roteiro do Equipo de Normalización --- Intercambio co IES Plurilingüe Elviña

O alumnado que colabora co Equipo de Normalización levaba xa moitos meses nun proxecto común co alumnado do IES Elviña. Moitas cartas foron e viñeron do barrio coruñés ao centro próximo a Sísamo. Coas redes sociais, o coñecemento mutuo é máis doado. Porén, non hai nada como verse en persoa.

 A sesión final deste Intercambio estaba programada para o día 30 de maio. Porén, causas alleas á nosa vontade impediron que os rapaces e rapazas coruñesas chegasen a Carballo. Botámolos moito de menos, pero decidimos continuar coa actividade.

Os nosos alumnos e alumnas recomendaron libros que leran durante este curso, vimos o vídeo realizado coas fotos de Aitana Souto e completamos o día cun roteiro polo río Anllóns, acompañados do noso profesor Suso. Aínda que son paisaxes coñecidos para tod@s, sempre hai cousas que Suso nos pode contar da historia e dos costumes da nosa vila.

Aquí deixamos as nosas presentacións e as fotos da actividade
Penúltimas tendencias

Club de calceta

Vídeo de Aitana









Booktrailer --- Dos Arquivos do trasno





Realizado por Samira Remuiñán

luns, 10 de xuño de 2019

Memorias dun neno labrego por 3º A

Este trimestre, esta foi unha das lecturas para o alumnado. Realizaron unhas recensións coa aplicación Touchcast.

http://www.touchcast.com/linguagalega/memoria_dun_neno_labrego_javier_e_enrique



https://v2.touchcast.com/linguagalega/memorias_dun_neno_labrego_guille_fabian_e_cristian












Entrevista a Nerea Couto

https://www.ivoox.com/36882777

O día 24 de maio tivo lugar a graduación do alumnado de 2º Bacharelato. Moitos de nós xa coñeciamos o talento sen par de Fabián Cotelo. Sentamos para admirar a súa excelencia no piano e ficamos rendidos tamén ante a voz de Nerea Couto.

Se queredes saber máis de como se xestou esa actuación, abride ben as orellas e dádelle a play.

Na foto, a nosa Nerea receitando poemas uns meses antes a todo o alumnado que tiña algunha dor.

Foliada das Letras galegas

https://www.youtube.com/playlist?list=PLx-RPPYH8hJ_uFtkIbFCqUyGVcqW0nADj Nesta ligazón á nosa canle de Youtube poderedes ...